A cuarta gala Galicia Magic Fest reunirá en Pontevedra cinco espectáculos de ilusionismo
Por Redacción
O pontevedrés Pedro Volta, tras o seu paso polo programa de televisión Got Talent, retoma a súa actividade profesional e o vindeiro domingo 29 de decembro poñerase á fronte da cuarta edición da Gala Internacional de Ilusionismo Galicia Magic Fest.
Será con dobre función, ás 18:30 e ás 20:30 horas, no auditorio de Afundación.
A gala volverá a algúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do mundo. Durante unha hora e cuarto os asistentes poderán ver en directo os números máis impactantes e sorprendentes da arte da maxia.
Xunto a Volta, que dirixe e produce este espectáculo, o público pontevedrés poderá gozar do dúo Lazer Wizards coa súa performarce con raios láser ou co catalán Mag Marín, campión da primeira edición do programa Pura magia de TVE e Premio Nacional de Maxia.
Desde Italia chegará Shezan, cun acto único co que foi premiado no Fism Italy 2015 World Magic Championship of Magic; mentres que o programa pechará co galego Dani Polo, finalista do programa Pura magia de TVE e o francés Norbert Ferré.