JJM Veiga presenta a novela negra 'La apatía de los idiotas' este venres 13
Por Redacción
O pontevedrés J.J.M. Veiga, que actualmente reside no Concello de Meis, escolleu o venres 13 para presentar a súa nova novela negra, que leva por título 'La apatía de los idiotas'. Trátase dunha obra publicada polo editorial Distrito 93, que será presentada publicamente na librería Metáfora, situada fronte ao Teatro Principal, a partir das 20.30 horas.
O argumento desta novela sitúase en Portolara, unha vila imaxinaria da Costa da Morte que se dedica principalmente á pesca pero que mantén unha forte relación co mundo do narcotráfico. A aparición dun corpo ensanguentado provoca que a oficial da Garda Civil, Laura Vidal, inicie unha investigación.
'La apatía de los idiotas' é a cuarta novela publicada por J.J.M. Veiga, que comezaba a súa carreira literaria con 'Las Montañas del Olvido', un texto de ciencia ficción, que tivo continuidade con 'El Reflejo Dorado' e 'Cuando el destino nos alcance el maíz seguirá creciendo'.
Veiga, enxeñeiro de Montes, é un escritor que se manexa entre diferentes xéneros, que van desde o ton satírico ao fantástico pasando, como nesta última publicación, pola novela negra de estilo europeo.
Relacionadas:
-
RADIO.- Unha novela negra ao redor dun feito real: a misteriosa morte da actriz Sandra Mozarowsky
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- A playlist de... J.J.M. Veiga, seguir escribindo si ou si
Por Marisa Ciordia |
-
O pontevedrés JJM Veiga presenta a súa novela negra "Cuando el destino nos alcance el maíz seguirá creciendo"
Por Redacción |