O 'Tristrás' máis especial de Marful e Sabela, no escenario de Culturgal
Por Diego Torrado & Redacción
O concerto especial de Marful con Sabela Ramil encheu este sábado o auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra con público de todas as idades que se envorcou co regreso da banda composta por Marcos Teira, Pedro Pascual, Pablo Pascual e Ugia Pedreira e entrou en apoteose cando saltou ao escenario Sabela para interpretar o famoso 'Tristrás'.
Máis de 700 persoas achegáronse ao concerto que se realizou no marco da Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, e ateigaron o auditorio, no que chamaba a atención a cantidade de rapazada presente.
Marcos Teira á guitarra, Pedro Pascual cos acordeóns diatónicos, Pablo Pascual nos clarinetes e a voz de Ugia Pedreira conquistáronos a todos cun concerto no que rememoraron, reconstruíron e gozaron xuntos outra vez o proxecto que os converteu nun grupo de culto e no que interactuaron co público de xeito moi activo xa desde o principio.
Avanzada media actuación do que é o regreso ao escenario de Marful (cun espectáculo deseñado para Culturgal), púxose ao seu carón Sabela Ramil, que chegou á final do popular programa televisivo Operación Triunfo versionando o Tristrás, un dos temas máis coñecidos de Marful. Nese momento, a entrega do público foi total.
Relacionadas:
-
Culturgal xa pensa en 2020: a festa da cultura volverá a Pontevedra do 27 ao 29 de novembro
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O espírito do Nadal vívese no Gaiás e chega en forma de árbore xigante, maxia e urbe de conto
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Sábado de público multitudinario e actividade frenética en Culturgal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
'O Que Arde', de Oliver Laxe, peche de luxo para o Culturgal
Por Enrique Morales |
-
A presenza de Galicia no mundo, da prehistoria á actualidade, sen saír da Cidade da Cultura
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Caeuche un dente? Lévao ao Culturgal para colaborar coa investigación científica
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
RADIO.- A playlist de... Tanxugueiras: Folk bravo e revolucionario
Por Marisa Ciordia |
-
A violencia contra as mulleres tamén se denuncia no inicio do Culturgal a través dunha performance
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O Culturgal abre as súas portas no Pazo da Cultura coa intención de superar os 15.000 visitantes
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
'Eroski Paraíso', prato forte da proposta audiovisual do Culturgal nun día cargado de cinema
Por Enrique Morales |