A obra do artista venezolán Manolo Dimas protagoniza a nova exposición da galería About Art
Por Redacción
Manolo Dimas: obra reciente é o nome da próxima exposición que acollerá a galería About Art de Pontevedra, situada na rúa Pasantería. Inaugurarase o mércores 17 de xullo ás 20.30 horas. Poderase visitar ata o día 31 do mesmo mes, de martes a venres de 11 a 14 horas e de 17.30 a 20.30 horas, e sábados de 11 a 14 horas.
Nesta ocasión, a galería presenta unha exposición pictórica do creador afincado en Pontevedra e cunha longa traxectoria artística, que compaxina co seu labor docente na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
A obra de Manolo Dimas (Caracas, 1959) desde o comezo da súa carreira a finais dos anos oitenta, mantivo unhas coordenadas que se poderían rastrexar por encima dos seus cambios e evolucións. A maxia cotiá 'fauve' apareceu desde os primeiros debuxos que presentou na Galería Grupo 15 e está sempre presente nos seus traballos.
Existe un fío condutor de certo 'naturalismo' que mediante un guiño convértese en cen cousas diferentes. Francisco Calvo Serraller na Enciclopedia da Arte Española do século XX define a súa obra como 'figuración expresionista de temática popular, cargada con certo inxenuismo e agresividade na execución de cor'.
Desde o ano 1977 ata o 2008 expuxo coa Galería Moriart e a galería Sen, de Madrid, galería C5 Colección de Santiago de Compostela, galería Fontanar de Riaza (Segovia), tanto individualmente como participando en colectivas e feiras internacionais como Art A en Los Angeles (EE.UU), a Feria de Grabado Estampa en Madrid, Liste Köln Colonia (Alemania), ARCO en Madrid, etc.
Actualmente vive en Galicia onde é docente da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Nesta mesma cidade víronse traballos seus na Galería Anexo, Pazo de Cultura, Escola Superior de Conservación e Restauración de Galicia. Outras exposicións en Galicia foron na Fundación CIEC de Betanzos, no Museo do Gravado á Estampa Dixital, Artes en Ribeira (Coruña) e na Feira de Arte Espazo Atlántico en Vigo.
As súas últimas exposicións individuais realizáronse no Instituto Cervantes de Milán (2008, Italia), no Castelo de Liubliana en Eslovenia (2009), Escola Superior de Conservación e Restauración de Galicia (2010), Galería Borrón 4, Cambados (2011, Pontevedra), Sala de Exposicións da Deputación de Pontevedra, en Vigo (2012, Pontevedra) e Galería Vuelapluma (2013, Madrid).
A súa obra está representada en diversos museos como: Centro de Arte Reina Sofía, Museo de la Villa de Madrid, Colección La Caixa -Colecció Testimoni-, Consejo Nacional de Deportes, Instituto de Cooperación Iberoamericana, Fundación Rudolf Steiner, Colección Milles Davis, Colección Agencia A, Museo del Grabado de Artes, Embajada Española en Eslovenia, entre outras. E en coleccións particulares de Europa, Xapón e Estados Unidos.