O Cineclube de Pontevedra volve con 'Tres Caras', de Jafar Panahi
Por Enrique Morales
Logo de unha semana en pausa o Cineclube de Pontevedra retoma a súa programación para o mes de novembro este próximo luns 25 coa proxección de 'Tres Caras', do director iraní Jafar Panahi. Como acostuma, a sesión, que se realizará en versión orixinal con subtítulos en castelán, será ás 20.30 no Teatro Principal e terá un prezo de entrada de dous euros.
En 'Tres Caras' realidade, ficción e cine converxen na búsqueda do propio Panahi e Behnaz Jafari -unha popular actriz iraní- para atopar a unha rapaza que pide axuda para escapar do conservadurismo da súa familia. A viaxe que a parella emprende lles confrontará coa realidade do Irán máis rural a través dos diferentes personaxes que se van atopando. Esta é a cuarta película que Panahi realiza a pesar da prohibición que o goberno iraní lle impuxo para impedirlle facer cine. A cinta, moi similar en esquema a 'Taxi Teherán' -que o Cineclube proxectou este mesmo mes- foi galardoada no Festival de Cannes de 2018 co premio ao mellor guion.
Ficha
Título: 'Tres Caras' (Se Rokh)
Director: Jafar Panahi
Ano: 2018
País: Irán
Duración: 110 min.
Idioma: Persa