Os Black Stones celebran as súas vodas de ouro cun concerto no Liceo Casino
Por Redacción
Hai 50 anos non sabían, din, que existía un lugar na comarca que se chamaba Pedras Negras, en San Vicente do Mar. Con todo elixiron o nome de Black Stones porque un nome en inglés "molaba moito, como se dicía naquela época".
Así lembran desde a banda pontevedresa os seus inicios, hai medio século.
Unha data tan redonda había que celebrala sobre os escenarios, e é o que farán este sábado 23 de novembro os Black Stones ofrecendo un concerto gratuíto no Liceo Casino, a partir das 20:30 horas da tarde.
Lonxe quedan as súas orixes, aos 16 anos con Santi, Pachi, Miguel, Tono e Tino percorrendo locais e escenarios. Fixeron un parón nos 70, ata que anos despois, no 2005, decidiron volver unirse para gozar da súa paixón pola música.
Agora tres dos seus fundadores como Tono, Santi e Tino están acompañados por Fredy Nistal, Armando Guerra e Jaime Carbajo, cos que cumprirán as súas particulares vodas de ouro rendendo tributo á música que escoitaba a súa xeración e moitas das que despois viñeron.