Barro celebra o 150 aniversario do nacemento de Amor Ruibal
Por Redacción
Dentro das actividades deseñadas polo Goberno municipal para difundir a figura de Ángel Amor Ruibal, cando se cumpren 150 anos do seu nacemento, este venres ás 20 horas, na Casa do Concello do Barro, está prevista unha conferencia a cargo do teólogo Andrés Torres Queiruga,
Amor Ruibal naceu en Barro no 1869 e tivo unha brillante traxectoria no seu tempo como pensador, teólogo e filólogo acadando un importante recoñecemento e prestixio internacional. É por iso que levan o seu nome tanto o colexio público como o grupo de danzas folclóricas da localidade.
O Concello tamén organizou charlas tanto no colexio como no instituto de Barro, que serán impartidas polo profesor Ángel Alfonso Piñeiro.
Ademáis estase elaborando unha publicación divulgativa para dar a coñecer entre a veciñanza de Barro quen foi este ilustre veciño.