O museo de Marín acolle un exemplar da primeira Biblia impresa en castelán
Por Redacción
O museo Manuel Torres inaugurará este martes, a partir das 12.30 horas, a exposición 450 anos da Biblia en castelán que organiza a Asociación Evangélica Kalos. Nesta mostra poderanse observar exemplares orixinais do século XVI, como o primeiro exemplar impreso en castelán ou o libro Teatro Crítico Universal, do padre Feijoo que foi impreso no 1778 e que resalta a importancia do galego e as súas conexións co portugués.
Na mostra haberá ademais un photocall onde os asistentes poderán disfrazarse con roupa típica da época na que sitúan moitos dos libros que forman parte da colección.
A concelleira Itziar Álvarez estivo este luns cos comisarios da exposición e anima a todos os marinenses a que se acheguen ao Museo para coñecer "estas xoias literarias que están por primeira vez na nosa vila", dixo.