Catro empresas visitan o Pazo da Cultura para facer as súas propostas de ambientación para o Salón do Libro
Por Redacción
O Pazo da Cultura do Concello de Pontevedra sacou a licitación pública a contratación do servizo de deseño, creación e execución artística dos espazos do Salón do Libro na súa vinte e unha edición.
Este martes catro empresas visitaban as instalacións, interesadas en participar neste proceso para ambientar o Pazo da Cultura entre o 6 e o 27 de marzo de 2020 cando se celebre a nova edición, que se centrará no humor.
A directora xerente Pilar Portela e a coordinadora do Salón, Eva Mejuto, acompañaron aos representantes das empresas para que coñecesen os diferentes espazos, tal e como se recolle nos pregos para licitar o proxecto.
Segundo indicou Pilar Portela, para a selección final terase en conta que a ambientación se relacione coa temática, co país convidado nesta edición (Italia), cos autores homenaxeados, conteña deseños inclusivos e posibilidades de interacción dos menores, entre outros aspectos.
A data límite para presentar os proxectos será ás 23.59 horas do 20 de novembro e débese engadir a documentación que se recolle nos pregos e o material visual ou a maqueta do proxecto.
O contrato alcanza os 84.270 euros sen IVE e terá unha vixencia de 2 anos, coa posibilidade de ampliación por outros dous anos.
Relacionadas:
-
O Pazo da Cultura licita por vez primeira a ambientación do Salón do Libro
Por Redacción |
-
Animais que nos fan rir ilustrarán o cartel do novo Salón do Libro
Por Redacción |
-
As familias curiosas e os avós contarán con máis papel no Salón do Libro
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O humor será o tema principal da XXI edición do Salón do Libro e Italia o seu país convidado
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |