Yolanda Herranz, catedrática da facultade de Belas Artes, expón fotos no Museu de l'Imaginari, Museari, de Valencia
Por Redacción
A catedrática da facultade de Belas Artes de Pontevedra, Yolanda Herranz, é a protagonista durante este mes de novembro da exposición que promove o Museu de l'Imaginari, Museari, de Valencia, un museo online que realiza estas mostras temporais durante cada mes.
A profesora titula este traballo como 'Autorretratos (da artista). Sombras y reflejos' e presenta sete fotografas que forman parte do proxecto seleccionado polo comité científico desta institución sen ánimo de lucro.
Herranz propón a través destas obras unha reflexión sobre o concepto de identidade. Trátase dunha sucesión de miradas, segundo explica a autora no DUVI, ofrecendo unha "radiografía do espírito", que convida a pensar sobre un mesmo.
A mostra pode visitarse a partir do sábado 16 de novembro e cando finalice pasará a formar parte do arquivo deste museo online, ademais da mostra colectiva que Museari organiza cada ano en Valencia, ademais será recollida no catálogo anual que fomenta a institución.