Chega a Pontevedra o tributo a Mecano de Robin Torres
Por Redacción
Afundación acollerá na súa sede de Pontevedra o espectáculo Hija de la luna. Tributo a Mecano da man da cantante Robin Torres. O concerto terá lugar o vindeiro venres 8 de novembro, ás 21.00 h, e as entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.
Pasaron 25 anos desde que Mecano presentase a súa última xira, Aidalai Tour, e dúas xeracións despois, a súa música segue moi presente entre o gran público.
Para conmemorar este aniversario nace este novo proxecto tributo ao grupo máis importante do pop español. Un novo espectáculo no que se recrea a última xira da formación, incluíndo novas coreografías, luces e cancións como Me cuesta tanto olvidarte, Maquillaje, Cruz de navajas, La fuerza del destino, Barco a Venus o Mujer contra mujer.
Esta proposta, encabezada pola actriz e cantante Robin Torres, naceu en marzo de 2016 e en tan só uns meses consolidouse a nivel mundial como a máis importante e fidedigna homenaxe a Mecano.