Mesas redondas, visitas guiadas e obradoiros completarán as actividades da exposición 'Galaicos' no Museo
Por Redacción
2.804 persoas visitaron durante o mes de outubro a exposición 'Galaicos. Un pobo entre dous mundos', que se atopa non Sexto edificio do Museo de Pontevedra. Este xoves, Carmela Silva, presidenta da Deputación e o director do Museo, José Manuel Rey, presentaban as actividades que se irán desenvolvendo ao longo dos próximos meses ata a clausura desta mostra prevista para o 2 de febreiro de 2020.
Neste sentido, a presidenta provincial explicaba que ao longo de novembro e decembro máis de 1.300 escolares participarán nas visitas guiadas. Desenvolveranse tres mesas redondas cuxos relatoras están aínda en proceso de selección.
O primeiro, 'Unha nova mirada en torno ao que narra ou debe narrar a Arqueoloxía' será o 28 de novembro centrándose no pobo pontevedrés situado ante a influencia atlántica e mediterránea. 'Somos o que comemos! Que nos queda da dieta dos Galaicos?', que repasará a dieta daquela sociedade, chegará o 12 de decembro. O 23 de xaneiro desenvolverase 'E ti de quen ves sendo? Galaicos, castrexos, celtas?', que analizará as influencias da cultura da Idade de Bronce nas actividades actuais.
Tamén se desenvolverán catro talleres sobre vestimenta, cerámica castrexa; arqueoloxía dos sentidos e o último sobre o día a día dos habitantes galaicos,con especial atención ás xoias e adornos nos castros.
As visitas guiadas celebraranse os mércores e sábados a partir das 18.00 horas, ás que tamén se sumarán as de centros escolares. A Deputación tamén ten previstas dúas excursións ao Monte do Facho e ao Castro Alobre.
A todas estas actividades súmase a oferta gastronómica da que poderán gozar as persoas que asistan ao restaurante do museo cun menú con produtos como landras, castañas e millo, adaptados ao século XXI.
A exposición finalizará cun acto de clausura que incluirá unha festa con música e diversas actividades, explicaba Carmela Silva, para celebrar o éxito dunha mostra que sumou máis de 32.000 visitas no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid e no Museo da Prehistoria de Valencia..
Relacionadas:
-
Luz verde á musealización dos castros da Subidá, en Marín; e Alobre, en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Tanxugueiras pecha a exposición 'Galaicos', que visitaron no Museo 12.000 persoas en catro meses
Por Redacción |
-
Organizan tres rutas guiadas a xacementos no marco da exposición 'Galaicos'
Por Oskar Viéitez |
-
Volve 'Galaicos', con catro meses por diante para descubrir o patrimonio arqueolóxico e cultural da provincia
Por Redacción |
-
A mostra "Galaicos" recalará no Museo de Pontevedra tras ser visitada por máis de 32.000 persoas en Madrid e Valencia
Por Redacción |
-
'Galaicos. Un pobo entre dous mundos' centrará a atención en Valencia no Día internacional dos Museos
Por Redacción |