Josele Santiago regresa a Pontevedra para repasar a súa traxectoria musical en solitario
Por Alejandro Espiño
O líder de Los Enimigos regresa a Pontevedra. Josele Santiago é unha das grandes apostas da Sala Karma para o próximo mes de novembro. Actuará na cidade o 15 de novembro.
Farao para presentar o seu último disco, Conde Duque en directo, un libro-disco no que o artista repasa toda a súa traxectoria musical en solitario.
Acompañado de toda a banda que lle actúa con el sobre os escenarios cando está afastado de Los Enimigos, Josele Santiago recuperará en directo algúns dos temas que lle acompañaron nas súas dúas décadas de carreira en solitario.
Conde Duque en directo foi gravado en Madrid en outubro de 2018, durante dous concertos nos que o artista estivo acompañado por grandes músicos como Leonor Watling, Depedro, Niño de Elche, Amable Rodríguez ou David Krahe.
Este traballo discográfico inclúe un libro de 92 páxinas ilustrado por Santiago Bueno.
As entradas para este concerto, que están á venda de maneira anticipada en El Pequeño e a plataforma dixital Wegow, teñen un prezo de 18 euros.