O Cineclube despide outubro con 'Segunda Vez'
Por Enrique Morales
O Cineclube de Pontevedra despide a súa programación do mes de outubro este próximo luns coa proxección do largometraxe documentas 'Segunda Vez', da artista multidisciplinar Dora García.
A cita para os afeccionados ao cine seguirá o ritual habitual, dando comezo ás 20.30 no Teatro Principal cunha entrada de dous euros.
'Segunda Vez' propón achegarse a algo tan imposible coma a repetición dun evento único. A cinta está articulada ao redor da figura do psicanalista arxentino Oscar Masotta, e en cómo nos seus traballos conflúen as súas conviccións políticas, artísticas e profesionais no fío de navalla entre o cénit das vangardas artísticas e o comezo da ditadura. Unha boa oportunidade para coñecer a obra da española Dora García, que se erixiu coma unha artista de referecia non só a nivel nacional, senon tamén a nivel europeo.
Ficha
Título: Segunda Vez (Second Time Arround)
Directora: Dora García
Ano: 2018
País: Bélxica
Duración: 94 min.
Relacionadas:
-
O ciclo 'Voces Rotas' despidese con 'The Florida Project' e 'Vivir' dá comezo ao novembro do Cineclube
Por Enrique Morales |
-
'La Forma del Agua', este martes no ciclo Voces Rotas
Por Enrique Morales |
-
'Spotlight' e 'Todos nos chamamos Alí', dobre sesión de cine na capital
Por Enrique Morales |
-
O Cineclube pecha tempada en Pontevedra con películas de Jacques Tati e o chinés Hu Bo
Por Alejandro Espiño |