Un premio Pulitzer, de visita por Pontevedra
Por Alejandro Espiño
'Pontevedra é boa vila, dá de beber a quen pasa', di a canción popular. O último en comprobalo foi Mark Strand. Probablemente polo nome non resulte moi coñecido para a gran maioría, pero é probablemente un dos turistas máis ilustres que nos visitou recientemente. ÿ un escritor, ensaísta e poeta canadiense, ganador do prestixioso premio Pulitzer no ano 1999.
Mark Strand estará percorrendo as Rías Baixas ata mediados da próxima semana. Atópase aloxado pola zona de Mondariz, pero non quixo deixar pasar a oportunidade de pasear por Pontevedra. Fíxoo en compañía da súa esposa con quen visitou a cidade, concretamente a zona da Alameda e gran parte do Centro Histórico.
E aínda que o intentou, non puido pasar totalmente desapercibido. Os seus case dous metros de estatura delátan. E segundo puido saber PontevedraViva foi recoñecido por un dos seus lectores que lle pediu que lle esperase mentres ía buscar os seus libros a casa para que llos asinase. Pero esta non é a única anécdota que se produciu durante a súa estancia.
Ao parecer Mark Strand aproveitou a súa visita a Pontevedra para someterse a un tratamento no centro de investigación de Ozonoterapia que dirixe o doutor Juan Carlos Pérez Olmedo na Rúa Nova de Abaixo. Ademais, o escritor está intentando localizar tamén un seguidor que leva anos enviándolle botellas de viño albariño da Denominación de Orixe Rías Baixas con motivo da publicación dos seus libros.
Mark Strand (Prince Island, Canadá, 1934), ao que moitos lle ven un aire co actor Paul Newman, desenvolveu unha importante carreira como escritor, principalmente de obra poética. O título de Poeta Laureado de Estados Unidos e o Premio Pulitzer de Poesía son só dous dos múltiples galardóns que acumula unha das voces máis persoais e reverenciadas da poesía contemporánea americana.
Entre as súas obras máis coñecidas atópanse títulos como Hopper, Razones para moverse, Hombre y camello, Casi invisible, 26 poemas tempranos ou Tormenta de uno, coa que gañou o premio Pulitzer. Ademais recibiu outros premios como o Bollingen e o Wallace Stevens e exerceu como profesor en máis de quince universidades, entre elas, na John Hopkins, en Yale ou en Harvard.