Culturgal contará coa actuación estelar de Marful ao vivo, coa colaboración de Sabela, de Operación Triunfo
Por Redacción
O espectáculo especial previsto na programación do Culturgal 2019 será o reencontro da agrupación Marful. A organización da Feira anunciou que o auditorio do Pazo da Cultura acollerá o espectáculo de Marful ao vivo coa colaboración da cantante finalista da edición 2018 de Operación Triunfo, Sabela Ramil.
As entradas para este concerto exclusivo da Feira das Industrias Culturais galegas xa están á venda en www.ataquilla.com. A actuación está prevista para o 30 de novembro ás 21.30 horas dentro do programa de actividades que se inclúe na décimo segunda edición de Culturgal, que vai ter lugar entre o 29 de novembro e o 1 de decembro.
Marful levaba seis anos sen actuar cara ao público pero con motivo deste evento volverán xuntarse Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual para rememorar os temas dos seus dous traballos discográficos. Coa agrupación tamén actuará a cantante Sabela Ramil, que interpretara na final do concurso televisivo Operación Triunfo 2018 a peza 'Tristras', de Marful.
A actuación contará cos músicos colaboradores do disco 'Manual de Sedución' de Marful, José Manuel Díaz ao contrabaixo e Leandro Deltell á batería. A escenografía e asistencia escénica levará a sinatura da coreógrafa galega de sona internacional, Mercé de Rande.
Relacionadas:
-
Culturgal 2019 preséntase como o refuxio "onde nunca chove" con espectáculos, videoxogos e arte contemporánea
Por Redacción |
-
O público do Culturgal premia un festival multidisciplinar que se celebra no Courel
Por Redacción |
-
O festival Novos Cinemas optará ao Premio do Público no Culturgal 2019
Por Redacción |
-
Sustentabilidade, cambio climático, interactividade e igualdade, no stand da Deputación en Culturgal
Por Redacción |
-
Culturgal pon o foco na cultura interactiva nunha nova edición na que afronta unha reestruturación profunda
Por Natalia Puga |
-
Culturgal pecha as súas portas ata o vindeiro 29 de novembro
Por Oskar Viéitez |