'Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo' enche de público o Arquivo Provincial
Por Redacción
Decenas de persoas ocuparon todos os asentos previstos no Arquivo Provincial para a presentación na tarde deste venres do libro 'Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo'.
O acto contou coa participación da deputada de Memoria Histórica, María Ortega, e dos coordinadores da publicación, Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez. Ademais desenvolveuse un coloquio entre o xornalista Xabier Fortes, o parlamentario galego do PP, Pedro Puy e o editor de Galaxia, Francisco Castro, baixo a moderación do historiador Pepe Álvarez.
Neste libro recóllense artigos dos dous coordinadores, que forman parte do Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural da USC (Histagra), ademais de traballos de Iria Morgade Valcárcel, Conchi López, Aldara Cidrás, Xavier Buxeiro, Judith Carbajo e Rafael García.
A publicación ofrece outra perspectiva sobre os acontecementos sucedidos en 1936 e ofrécense datos sobre os verdugos e aquelas persoas que colaboraron con eles durante o golpe de estado.