Esta é a lista de nominados da quinta edición do festival Curtas Armadiña
Por Almu Dapena
A nova edición de Curtas Armadiña está a punto.
Despois de coñecer ao xurado oficial que compoñerá a quinta edición do certame audiovisual, xa se coñecen os curtos que van competir tanto na Sección Oficial como na Sección Animación.
Nesta nova edición que se celebrará do 11 ao 17 de novembro, competirán curtametraxes en lingua galega, curtametraxes localizadas en Galicia e curtametraxes producidas por produtoras de Galicia ou de fóra de Galicia cuxa dirección sexa galega.
De entre todas as solicitudes recibidas por parte da organización do certame, os nomeados en Sección Oficial son:
- '16 de decembro' de Álvaro Gago.
- 'A ninguna parte' de Pedro Vilas.
- 'Beautiful Boy' de Fran Rodríguez.
- 'Brotes' de Jorge Fernández Meneses.
- 'Cafeína' de Julio López y Sara C. Lorenzo.
- 'El Jefe' de Fernando Tato y Ozo Perozo.
- 'Escarnio e Maldicir' de Aitor Ramos Soto.
- 'Helsinki 79' de Pablo Fontenla.
- 'Instrucciones para empezar a hablar gallego' de Matías Nicieza.
- 'Koan' de Omar Rabuñal Varela.
- 'Limbo' de Daniel Viqueira.
- 'Marusia' de Pedro Sancho.
- 'Mouras' de Olga Osorio.
- 'O que medra por dentro' de Nacho Ozores.
- 'Trala Porta' de Alejandro Rodríguez.
- 'Uganda' de Fernando Tato.
Pola súa parte, os nominados en Sección Animación son:
- 'Brotar' de Montse Piñeiro.
- 'El último canto' de Borja Guerrero Parapar.
- 'Homomaquia' de David Fidalgo Omil.
- 'La boda del gallo Pinto' de Zé Carlos Pinto.
- 'Los siete hermanos chinos' de Ismael Mon.
O xurado oficial, formado por Belén Constenla, Fon Cortizo, Mariana Carballal, Romina Doce e Xosé Manuel Esperante, será o encargado de escoller, de entre todas esas pezas, a gañadora da Áncora de Ouro (1.000 euros e trofeo) e a Áncora á Mellor Curtametraxe Animada (500 euros e trofeo).
Relacionadas:
-
O festival de curtametraxes Armadiña enfúndase a bandeira galega
Por Manu Otero |
-
O certame audiovisual Curtas Armadiña ofrece tres obradoiros gratuítos de formación
Por Redacción |
-
O Festival de Curtas Armadiña xa ten Xurado Oficial
Por Almu Dapena |
-
A quinta edición de Curtas Armadiña abre o seu período de inscrición
Por Redacción |
-
'Matria' recibe a Áncora de Ouro do Festival de Curtas Armadiña
Por Redacción |