O ciclo de teatro 'Poio Escena' pecha cunha reflexión sobre a Guerra Civil
Por Redacción
O Concello de Poio organiza, para este sábado 21 de setembro, a representación da obra 'Ai, Carmela!' que pecha o ciclo de teatro afeccionado 'Poio Escena'
A obra, da compañía de teatro afeccionado Petanaporta baixo a dirección de Diego Rey, e baseado no texto orixinal de Sanchis Sinisterra que profunda nas tres Españas: unha dos vencedores, e as outras dúas, unha que representa a Carmela e outra que representa a Paulino, ambos os protagonistas.
Carmela representa aos que morreron e terminaron a súa vida no exilio. É visceral, déixase levar polo que sente e non teme ás consecuencias porque ela actúa con corazón.
Pola súa banda, Paulino representa aos que terminan por aguantar o sometemento e a perda dos seus ideais dispostos ao esquecemento por supervivencia. Ao contrario de Carmela, é consciente, precavido e asume a derrota e sométese, renunciando á súa dignidade #ante un inimigo implacable.
A representación, que na súa sinxeleza formal termina por ser un acto de xustiza poética, non só nun retrato concreto da Guerra Civil senón o conxunto de todas as guerras.
A obra, para maiores de 13 anos e con entrada gratuíta, representarase ás 21:00 horas na Comunidade de Montes de Samieira.