O Grove acolle a exposición 'O mar na vida, a vida no mar'
Por Redacción
A planta baixa da Casa do Concello do Grove acollerá desde este mércores, ata o domingo 13 de outubro, a exposición 'O mar na vida, a vida no mar' do colectivo de artistas locais Artegrove. As obras mostran a forma de ver o mar dende distintas técnicas de debuxo e pintura.
O colectivo Artegrove forma parte da relación de asociacións culturais do municipio desde hai décadas e entre os seus integrantes están os autores dos lenzos que se poden admirar nas Salas das Cunchas e das Dornas.
Artegrove foi o encargado de realizar a montaxe e desmonte das obras ademais de inaugurar a exposición o pasado martes ás 20:00 horas no Concello.
A exposición está enmarcada dentro das actividades previas á Festa do Marisco, que se celebrará entre os días 3 e 13 de outubro.