A cantante Sheila Patricia presenta no Principal o seu novo disco
Por Redacción
O Ateneo de Pontevedra organizou a presentación do novo single da cantautora Sheila Patricia para este xoves 19 ás 21.00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra.
No acto estrearase o videoclip 'O mar', gravado nas Salinas de Ulló, e que se poderá ver ao día seguinte a través das plataformas dixitais. Na presentación tamén se incluirá un anticipo musical do novo disco, no que estará acompañada á guitarra polo músico brasileiro Mauricio Caruso.
A entrada á presentación é libre ata completar aforo.
O disco conta con nova música en galego que mestura o son máis puro e espido con efectos de música electrónica, loops e pedais, ofrecendo un son máis experimental onde se aprecian fortes influencias do folk, o fado, o jazz e o folclore latinoamericano.
O estilo orixinal e fresco da cantautora conquistou a miles de oíntes tanto en Europa como en Latinoamerica, por onde anos percorreu innumerables cidades do mundo presentando o seu anterior material discográfico 'El camino de los Sueños', dedicado aos amantes do jazz, e o adianto do seu próximo traballo en galego.