Carlos Blanco e Touriñán, a pola terceira representación de 'Unha noite de praia' en Vilagarcía
Por Redacción
Os días 4 e 5 de outubro, o dúo cómico formado por Carlos Blanco e Xoán Antonio Touriñán, representarán a función 'Unha noite na praia'. A gran expectación de público e o aínda maior ritmo na venda de entradas para as dúas funcións, fixo que se decidise levar a cabo unha terceira representación na capital arousá.
É por iso, que ás dúas datas xa anunciadas súmaselle a do domingo 6.
A comedia "con mar de fondo", está protagonizada por dous personaxes. Trátase de dous tipos moi distintos que coinciden ao solpor nunha praia fronte ao mar. Klaus e Manuel, un sueco e un galego, que se parecen o mesmo que o restaurante de Ikea a un Furancho de aldea. Na praia non queda ninguén; só Manuel, que traballa no chiringuito, e Klaus, un turista que non quere levantar o cu da derradeira hamaca que queda por recoller. Así arrinca o conflito destes dous tipos: un quere marchar para casa a durmir, e o outro quere que lle poñan a última cervexa e un ombreiro para chorar as súas penas polo seu corazón roto.
A obra, escrita e dirixida polo tamén galego Javier Veiga, representarase o venres 4 ás 20:30, o sábado ás 20:00 e o domingo ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa e as entradas poden adquirirse a través de ticketea a 18, 15 e 12 euros máis gastos de xestión.