O Festival de Curtas Armadiña xa ten Xurado Oficial
Por Almu Dapena
A quinta edición do Curtas Armadiña que se celebrará do 11 ao 17 de novembro, xa ten xurado oficial.
Nesta nova edición do certame audiovisual, competirán curtametraxes en lingua galega, curtametraxes localizadas en Galicia e curtametraxes producidas por produtoras de Galicia ou de fóra de Galicia cuxa dirección sexa galega.
O Xurado Oficial escollerá as pezas que gañarán a Áncora de Ouro (1.000 euros e trofeo) e a Áncora á Mellor Curtametraxe Animada (500 euros e trofeo). Os encargados de elixilas serán Belén Constenla, Fon Cortizo, Mariana Carballal, Romina Doce e Xosé Manuel Esperante, figuras destacadas do audiovisual galego.
Así mesmo, o público asistente será o encargado de escoller a Áncora de Prata (500 euros e trofeo) e a Áncora ao Mellor Vídeo Musical será outorgado polo alumnado do instituto local (300 euros e trofeo).
Xurado Oficial
Belén Constela é unha actriz con longa traxectoria na televisión ('Serramoura', 'Padre Casares', 'Hospital Central', 'Isabel'...), no cinema ('A praia dos afogados', 'Vilamor'...), e no teatro. O seu traballo foi destacado en tres ocasiones nos premios de teatro María Casares e o seu labor en 'Os mortos van rápido' foi premiado nos Mestre Mateo 2009.
Fon Cortizo é un director e guionista vigués que percorre os principais galegos e internacionais con tres curtametraxes documentais, 'Aysha', 'Americano' e 'Filomena'. Actualmente traballa na súa primeira longametraxe '9 fugas'.
Mariana Carballal é directora e recoñecida actriz de teatro, televisión e cinema. Traballou en 'Fariña', ' Serramoura', 'Vivir sen permiso' ou 'Elisa y Marcela'. Ademais exerceu de directora e presentadora en distintas galas, dirixiu obras de microteatro e exerceu como docente.
Romina Doce é produtora. Nada en Buenos Aires pero fincada en Galicia hai 18 anos, cursou estudos de Produción Audiovisual en Vigo e posteriormente fundou en Pontevedra Producións Mutantes, empresa con ampla experiencia en publicidade e videoclip.
Por último, o actor Xosé Manuel Esperante traballou en longametraxes como 'Quen a ferro mata' ou 'Lobos sucios' e en curtametraxes como 'Inútil'. Así mesmo, traballou as series de televisión 'Fariña', 'O comisario' ou 'Amar en tiempos revoltos'.
Relacionadas:
-
O festival de curtametraxes Armadiña enfúndase a bandeira galega
Por Manu Otero |
-
O certame audiovisual Curtas Armadiña ofrece tres obradoiros gratuítos de formación
Por Redacción |
-
Esta é a lista de nominados da quinta edición do festival Curtas Armadiña
Por Almu Dapena |
-
A quinta edición de Curtas Armadiña abre o seu período de inscrición
Por Redacción |
-
'Matria' recibe a Áncora de Ouro do Festival de Curtas Armadiña
Por Redacción |