Bia Ferreira abre este venres o 15 aniversario de Cantos na Maré
Por Redacción
O Cantos na Maré comeza este venres a programación do 15 aniversario nunha edición que acollerá máis de 20 concertos con artistas de oito países e unha ducia de actividades durante toda a fin de semana, que terán lugar nos seguintes espazos: Pazo da Cultura, o Teatro Principal, a Praza da Pedreira, o Museo de Pontevedra, a Libraría Paz e outras zonas da cidade.
Este venres celébrase un concerto multicultural cos seguintes músicos:
Bia Ferreira (BR): Cantora, compositora e multi instrumentista, Bia Ferreira conquistou o Brasil co seu canto de resistencia antirracista, que abaneou as estruturas racistas, machistas e LGBTIfóbicas do seu país.
Vivi Pozzebon (ARX): fusión de ritmos arxentinos e latinoamericanos con músicas de raíces africanas festivas;
Laura Lamontagne (GL): hiphop, ambient, folclore medieval con cantigas de Martín Códax, composicións propias e adaptacións de Rosalía, Lorca ou Pessoa.
DJ Mil / Mohammed Yahya (GL/MZ): O galego Dj Mil e o mozambicano afincado en Londres ofrecen hip hop, afro soul, enerxía e positivismo.
Ademais, no Museo de Pontevedra xa comezan as actividades complementarias:
17.00 horas. 'Apatacón' con Vero Rilo e Faia Díaz
Vero Rilo é unha narradora cunha forza, técnica e expresividade que a fan única e inesquecible. Faia Díaz é cantante e creadora en De Vacas, que compaxina con outros proxecto musicais.
18.00 CineMaré: 'Ruth' de António Pinhao Botelho
Eusébio Ferreira da Silva, "Eusébio", é unha das grandes divinidades nacionais en Portugal e foi a máis grande estrela do fútbol portugués de todos os tempos. O xove cineasta portugués António Pinhao Botelho (Lisboa, 1986), debuta na longametraxe escollendo unha historia popular, para criticar o rexime de Salazar.
E tamén na Libraría Paz:
12.30 horas. Presentación do libro 'Sindo de Olelas', de Xurxo Souto.
Conta a historia Sindo de Olelas -falecido hai apenas un ano-, un músico do Entrimo, na fronteira con Portugal, onde hai unha enorme tradición de tocadores de concertina.
Relacionadas:
-
'Enredadas' con Carmen París, Martirio, Uxía e Ugía Pedreira pon fin a Cantos na Maré
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Mayra Andrade deixa pegada no seu concerto en Cantos na Maré, que conclúe este domingo con Enredadas
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Chega o primeiro Festival de Música e Teatro de Salcedo
Por Almu Dapena |
-
RADIO.- A mar de cantos volve recalar en Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
Antón Reixa, principal estrela dos actos que Cantos na Maré desenvolverá no Museo de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
As mulleres comprometidas, protagonistas centrais no 15 aniversario de Cantos na Maré
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Enredadas, o proxecto conxunto de Uxía, Martirio, Carmen París e Ugia Pedreira, pechará Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Cantos na Maré celebra o seu 15 aniversario cunha oferta de bonos a 30 euros
Por Redacción |