Xosé Fortes presenta o seu libro de memorias 'A rienda suelta'
Por Redacción
O historiador Xosé Fortes publicou o seu último libro, unha obra onde recolle as súas memorias baixo o título 'A rienda suelta'. A presentación deste traballo editorial será este venres 13 de setembro ás 20.00 horas na zona acristalada do Sexto Edificio do Museo, nun acto organizado polo Ateneo de Pontevedra.
O autor estará acompañado pola escritora Susana Fortes e polo xornalista Xabier Fortes, fillos do escritor; ademais de por Eduardo Riestra director de Edicións do Vento.
'A rienda suelta' contén o recordo dos primeiros anos de vida de Xosé Fortes, nos que describe o autor nado en Caroi (Cotobade) en 1934 lembra os paragüeiros que regalaban chifres aos nenos e como as eguas corrían libres polas montañas do municipio.
Ademais fai referencia ás amizades e aos soños infantís desenvolvendo un percorrido por un espazo natural e un tempo que foi desaparecendo relacionado con aquela Galicia na que se cruzaba a pobreza, o orgullo, a liberdade e a imaxinación.
O autor foi coronel do exército e profesor de historia retirado, fundador da Unión Militar Democrática, que foi procesado e condenado a catro anos de prisión e expulsado do exército ao opoñerse á ditadura franquista. En 1987 concedéronlle a aminístía e, anos despois, a ministra de Defensa, Carme Chacón, concedeulle a medalla ao Mérito Militar polo seu "patriotismo e alta conciencia democrática".
Relacionadas:
-
Susana e Xabier Fortes, dúo de irmáns e escritores no Museo o 19 de novembro
Por Redacción |
-
O historiador Xosé Fortes e a presidenta Carmela Silva lembran a Galicia da posguerra
Por Redacción |
-
Numeroso público arroupa a presentación do libro de memorias de Xosé Fortes
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Xosé Fortes presenta o seu novo libro "Cotobade: claves dunha historia rural"
Por Redacción |