O humor será o tema principal da XXI edición do Salón do Libro e Italia o seu país convidado
Por Almu Dapena & Mónica Patxot
A XXI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil xa conta con datas para a súa celebración. Será do 6 ao 27 de marzo no Pazo da Cultura.
Durante a presentación desta nova edición realizada durante a mañá deste xoves, a concelleira de Cultura, Carmen Fouces, estivo acompañada de Ana Luna, secretaria xeral de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), e xuntas adiantaron as novidades para esta cita internacional.
O obxectivo deste ano é encher o Salón de todo tipo de humor, tema principal para esta nova edición, pero sobre todo de alegría e reflexión, para "seguir transmitindo literatura e paixón pola literatura nas idades infantil e xuvenil", explicou Fouces, que destacou que o humor sirve ademais para facer crítica social, "que é moi importante".
Nesta ocasión, o país convidado será Italia. A rexión transalpina continuará o camiño de internacionalización iniciado en edicións anteriores e, como é habitual, colaborarán co Salón diferentes entidades italianas para poder contar en Pontevedra cunha "boa representación" da literatura infantil e xuvenil de Italia, fortalecendo un intercambio cultural coa cultura galega.
Para continuar co proceso de internacionalización da cita literaria, presentaron a III Convocatoria ao Premio Internacional de Ilustración para a que se espera que cheguen máis de 100 propostas de 30 países diferentes.
O primeiro posto terá un premio de 3.000 euros e o prazo para presentar os carteis xa está aberto que finalizará o 14 de outubro.
Os traballos dos finalistas do certame formarán parte da exposición que estará presente no salón durante o mes de marzo e no calendario que se deseñará para esta edición, comentou a secretaria da Asociación.
Finalmente, a concelleira quixo recalcar a importancia de GALIX como nexo de unión o Salón do Libro e as escolas, xa que teñen o papel de realizar a bibliografía para os libros de lectura de todo o curso escolar.
Relacionadas:
-
O Salón do Libro implicará este ano a todos os colexios de Pontevedra e ábrese ás novas tecnoloxías
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Helena Villar Janeiro e Kiko da Silva, unidos polo 79 e vindeiros autores homenaxeados no XXI Salón do Libro
Por Anxo Lourido |
-
Catro empresas visitan o Pazo da Cultura para facer as súas propostas de ambientación para o Salón do Libro
Por Redacción |
-
O Pazo da Cultura licita por vez primeira a ambientación do Salón do Libro
Por Redacción |
-
Animais que nos fan rir ilustrarán o cartel do novo Salón do Libro
Por Redacción |
-
As familias curiosas e os avós contarán con máis papel no Salón do Libro
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O Salón do Libro despide a súa XX edición cun desexo: que veñan 20 máis
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Contos en familia para bebés no Salón do Libro
Por Redacción |
-
Homenaxe no Salón do Libro a Antonio García Teijeiro no Día da Literatura infantil e xuvenil
Por Mónica Patxot & Redacción |