Conta atrás para o comezo de 'Amal en Ruta Pontevedra 19'
Por Almu Dapena
Organizada conxuntamente pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas e o Concello de Pontevedra, a actividade pretende achegar a sociedade árabe a Galicia, rompendo cos estereotipos e ofrecendo unha visión ampla e multidimensional desta cultura.
O ciclo consta de catro ficcións e dous documentais que supoñen un percorrido polo mellor cinema árabe da actualidade. Todas elas proxectaranse en versión orixinal subtituladas en castelán.
O luns día 9 proxectarase 'Alma Mater'. Trátase dunha película Belga que trasladará aos espectadores á guerra de Siria.
O martes 10 chega a quenda de 'Of fathers and sons', documental que retrata a un pai de familia, líder da o-Qaeda en Siria, que cada día educa aos seus fillos na fe talibán.
O mércores 11, 'Zagros' mostrará a condición das mulleres en Kurdistán a através dun pastor que emigra por amor.
'Ghost Hunting' poñerá o foco no cativerio dun palestino nun centro penal israelí, e poderase ver o xoves 12.
O venres 13, o filme exipcio 'Sheikh Jackson' ensinará a crise de fe que ten un islamita cando escoita as noticias de que o seu ídolo da infancia, Michael Jackson, morreu.
Para finalizar o ciclo proxectarase 'El Cairo Confidencial', película que recibiu o gran premio do xurado do festival de Sundance e que narra a historia dun policía do Cairo que ao investigar o asasinato dunha famosa cantante descobre a tarma que hai detrás.
As proxeccións serán no Teatro Principal de Pontevedra ás 21:00 e con entrada gratuíta.