Os 'triunfitos' Famous e Ricky Merino tamén triunfan en Ponte Caldelas
Por Redacción
Os 'triunfitos' Ricky Merino (Operación Triunfo 2017) e Famous (gañador de Operación Triunfo 2018) foron na noite deste venres o prato forte do Caldelas Xoven con senllos concertos na Alameda de Ponte Caldelas.
Centos de persoas asistiron a esta cita musical que serviu para abrir a programación da Festa das Dores de Ponte Caldelas e que, no caso de Famous, foi o primeiro directo do seu single 'Bulla'. Presentouno dicindo "non sei se o coñecerá moita xente, é un tema moi novo" e, despois da interpretación despexou calquera dúbida, pois o público envorcouse co tema.
Ricky Merino meteuse ao público no peto co seu tema 'Miénteme' mentres que Famous saíu pisando forte, e antes da chegada do seu último single, fixo que toda a Alameda bailase coa interpretación de Calypso.
David Lafuente (ex integrante de Auryn), o galego Brokktt eEles e os DJ´S completaron a programación da noite pensada para a xente nova de Ponte Caldelas.
Este sábado a xornada arrancou con pasarrúas dende media mañá e irá quentando motores pola tarde co Festival Folcrórico Internacional ás 20.30 horas na Alameda. Participarán unha das bandas organizadoras, Os Coribantes, xunto co grupo folcrórico 'Chispa' de Plasencia e o Rancho Folcrórico Campanha de Oporto. En total, máis de 150 artistas daranse cita neste evento.
Xa ás 23.00 horas chegará un dos momentos máis agardados, a verbena na Alameda que contará coa orquestra Superfama e o grupo América que deleitarán aos asistentes coas súas versións dos clásicos do rock.
O domingo os pasarrúas volverán a encher de son e ritmos as rúas deste pobo, e pola noite actuará unha das orquestras de máis prestixio da xeografía galega, a partir das 22.30 horas ofrecerá o seu mellor directo a Orquestra Olympus.
Relacionadas:
-
O violinista Casey Driessen imparte unha clase maxistral e un concerto en Xustáns
Por Redacción |
-
As Festas das Dores, as máis participativas da historia de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Cheo na Alameda de Ponte Caldelas para a Red Tour da orquestra Olympus
Por Redacción |
-
3, 2, 1... Ponte Caldelas está en festas!
Por Redacción |
-
Famous e Ricky actuarán nas festas de Ponte Caldelas
Por Almu Dapena |
-
Ponte Caldelas converte o programa de festas na 'Constitución Caldeñola'
Por Redacción |