Famous e Ricky actuarán nas festas de Ponte Caldelas
Por Almu Dapena
Por cuarto ano consecutivo e con motivo das Festas das Dores, o Concello de Ponte Caldelas e os Servizos Sociais municipais realizaron, durante a mañá deste martes, a repartición de fichas a un total de 54 nenos e nenas pertencentes a 31 familias en risco de exclusión social para que poidan gozar das festas en plena igualdade e condicións durante todos os días. O alcalde declarou que "as festas son para o goce de todos, e desde o concello faremos todo o posible para que asi sexa".
O toque musical para esta edición das festas poñerano, por unha banda, o festival de música Caldelas Xoven, que contará coa presenza dos ex concursantes de Operación Triunfo, Ricky Merino, de OT17, e Famous, gañador de OT18, que se encargarán de animar a noite do venres.
O sábado será a quenda do grupo América, e a gran protagonista do domingo será a orquestra Olympus. Así mesmo, o martes a cabeza de cartel da noite da verbena será o Combo Dominicano.
O mércores día 28 celebrarase o Día do Neno no que todas as atraccións estarán dispoñibles a metade de prezo e con iso darase por finalizada esta edición das festas.
Relacionadas:
-
Os 'triunfitos' Famous e Ricky Merino tamén triunfan en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
3, 2, 1... Ponte Caldelas está en festas!
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pon en marcha o Plan de Autoprotección para as festas das Dores
Por Almu Dapena |
-
Ponte Caldelas pecha "as Festas das Dores máis multitudinarias da súa historia"
Por Redacción |