O Museo amplía as visitas guiadas á exposición 'Galicia, a terra dos mil panos'
Por Almu Dapena
Ante o éxito de asistencia que supuxo a exposición 'Galicia, a terra dos mil panos' do pasado sábado, o Museo de Pontevedra e a Asociación Etnográfica Sete Espadelas decidiron aumentar as visitas guiadas para todo o que queira coñecer máis en profundidade a mostra.
Á inicialmente programada para o sábado 24 ás 12:00 horas, súmaselle un novo percorrido o xoves ás 19:30 horas. Desta maneira, quedan formadas destas dúas citas nas que se poderá gozar das explicacións personalizadas a cargo dos dous comisarios da mostra, José Luis Rodríguez Álvarez e David Quiñones Vázquez.
A exposición conta con nove grupos de téxtiles que usaban galegos e galegas de finais do século XIX e de inicios do XX, entre os que se poden ver mantones de Manila ou panos de oito puntas de Paisley.
Ademais de coas visitas guiadas, 'Galicia, a terra dos mil panos' pódese visitar de maneira gratuita no Sexto Edificio ata o próximo 1 de setembro.
Relacionadas:
-
O director do Museo diversificará o tipo de exposicións tras o éxito da mostra de Sete Espadelas
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Novas visitas guiadas á mostra "Galiza, a terra dos mil panos"
Por Redacción |
-
O Museo estrea unha colección que percorre a historia da indumentaria galega dos séculos XIX e XX
Por Redacción |