O concerto de Rozalén, máis inclusivo que nunca: "Todo lo que sea derribar barreras me parece de maravilla"
Por Almu Dapena & Diego Torrado
Como era de esperar, Rozalén encheu a praza de España. Ás 22:30 horas miles de persoas congregáronse diante do escenario para gozar da música da cantautora de Albacete.
Se por algo se caracterizan os concertos da artista, é pola inclusión ás persoas con discapacidade auditiva grazas a Beatriz Romero, a intérprete de signos que se sobe ao escenario con ela. Nesta ocasión engadiuse un plus para que as persoas xordas puideran disfrutar do concerto grazas ás cinco mochilas vibratorias concedidas polo Concello de Nigrán, encargadas de transformar o son en vibracións.
Ante esta inciativa Rozalén mostrouse entusiasmada. "Todo lo que sea derribar barreras me parece de maravilla. Además, a través de la vibración es más emocional para que las personas sordas lo puedan disfrutar el triple", comentou.
Pola súa banda, Raquel, representante da Organización de Xordos de Galicia ( Xoga), explicou que para as persoas xordas "a experiencia foi positiva porque podían saber o ritmo da música, algo que ata agora non podían saber como era".
O concerto empezou con puntualidade. Tras iniciarse con 'Será mejor' e 'El hijo de la abuela', Rozalén admitiu estar nerviosa ante tanta xente e convidou o público a gozar do seu repertorio.
Tras iso, empuxou aos asistentes para 'Vivir' coa canción que compuxo con Estopa para a loita contra o cancro, pasando por 'Justo', tema que dedica ao seu tío avó asasinado na Guerra Civil; e animándose con 'La Llorona' de Chavela Vargas, na que prescindiu dos músicos para enfrontarse ao público ela soa coa súa guitarra e a compañía de Beatriz.
Despois de case dúas horas de concerto, Rozalén agradeceu a oportunidade de "subirnos al escenario y decir lo que pensamos en libertad" para rematar cos seus temas máis coñecidos e reivindicativos.
Cantou 'Saltan Chispas' e tras ela, foise para regresar con 'Comiéndote a besos', na que fala da loita das persoas con VIH; 'La puerta violeta', na que convidou a todo o público a cantala "con alegría, porque la lucha de las mujeres es la revolución de amor de la historia" e "que nos acordemos de las mujeres que nos han facilitado el camino y de todas aquellas que no pudieron pintar ninguna puerta en ninguna pared"; e finalmente 'Girasoles', na que fala da forza do amor sen prexuízos.
Este mércores 14, día da batalla de flores, están programados Shrek, o musical na praza de España e o galego Fredi Leis na praza da Ferrería.
O xoves 15, festividade de Santa María, a banda sonora poñerana a banda pontevedresa Furious Monkey House na praza da Ferrería e Mitic na praza de España. Neste último, 50 músicos galegos uniranse para reinterpretar música clásica con instrumentación tradicional.
O venres 16 de agosto, os pratos fortes serán Iván Ferreiro na praza de España e Xosé Lois Romero & Aliboria no escenario da Ferrería, ás 22.30 e as 21.30 horas, respectivamente.
O sábado 17, no escenario da Ferrería soará A Banda Xagai e na praza de España, Beret.
Lola Índigo, artista xurdida de OT 2017, pechará a programación o domingo 18 na praza de España
Relacionadas:
-
RADIO.- Cantar en eúscaro, galego ou catalán "non é reivindicación, é o simple feito de existir"
Por Marisa Ciordia |
-
O 2019 garda a lembranza de Antonio Fraguas, abre o futuro do Museo e deixa a pegada de James Rhodes e Rozalén
Por Diego Torrado & Mónica Patxot & Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
E con Lola Índigo a Praza de España volveu quedar pequena
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Furius Monkey House xoga na casa e golea
Por Redacción & Diego Torrado |
-
VÍDEO.- Poucas cousas tan 'míticas' como Xogo de Tronos ao son dunha gaita
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Fredi Leis encandila ao público na Ferrería
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
A fusión de rock, soul e espectáculo de Broken Peach conquista A Ferrería
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A batalla de flores obriga a cortar o tráfico desde Xosé Malvar ata Cobián Roffignac
Por Redacción |
-
Vibracións inclusivas no concerto de Rozalén
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A voz de Ana Belén dálle 'Vida' á praza de España
Por Redacción & Diego Torrado |