A voz de Ana Belén dálle 'Vida' á praza de España
Por Redacción & Diego Torrado
O escenario da praza de España encheuse este domingo de Vida. Así, como maiúsculas. Ana Belén, unha das grandes voces da música española, subiuse e ocupouno con toda a vida habitual dos seus concertos e, ademais, coa que desprende o seu último álbum, que leva por título, precisamente, Vida.
Puntualísima ás 22.30 horas, a cantante e actriz situouse ante un público que abarrotaba a praza e empezou a facer repaso aos temas que marcaron a súa longa traxectoria artística e ás letras deste novo traballo, o seu primeiro disco con temas inéditos en once anos.
Este luns 12 de agoto, a música electrónica pedirá paso na programación musical das Festas da Peregrina co concerto Máxima In Sessions, que contará con José Manuel Duro, Ramsés López, Arturo Grao e Pablo Méndez Perfomances.
O martes 13 de agosto, xunto con Rozalén que actuará na Praza de España, estrearase o escenario da Ferrería con Broken Peach, unha banda viguesa de rock e soul que ofrecerán un concerto que, a recado, fará as delicias do público.
O mércores 14, día da batalla de flores, están programados Shrek, o musical na praza de España e o galego Fredi Leis na praza da Ferrería.
O xoves 15, festividade de Santa María, a banda sonora poñerana a banda pontevedresa Furious Monkey House na praza da Ferrería e Mitic na praza de España. Neste último, 50 músicos galegos uniranse para reinterpretar música clásica con instrumentación tradicional.
O venres 16 de agosto, os pratos fortes serán Iván Ferreiro na praza de España e Xosé Lois Romero & Aliboria no escenario da Ferrería, ás 22.30 e as 21.30 horas, respectivamente.
O sábado 17, no escenario da Ferrería soará A Banda Xagai e na praza de España, Beret.
Lola Índigo, artista xurdida de OT 2017, pechará a programación o domingo 18 na praza de España.
Relacionadas:
-
O 2019 garda a lembranza de Antonio Fraguas, abre o futuro do Museo e deixa a pegada de James Rhodes e Rozalén
Por Diego Torrado & Mónica Patxot & Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Furius Monkey House xoga na casa e golea
Por Redacción & Diego Torrado |
-
VÍDEO.- Poucas cousas tan 'míticas' como Xogo de Tronos ao son dunha gaita
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Fredi Leis encandila ao público na Ferrería
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
O concerto de Rozalén, máis inclusivo que nunca: "Todo lo que sea derribar barreras me parece de maravilla"
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
A fusión de rock, soul e espectáculo de Broken Peach conquista A Ferrería
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A batalla de flores obriga a cortar o tráfico desde Xosé Malvar ata Cobián Roffignac
Por Redacción |
-
Tequila para abrir a programación musical das Festas da Peregrina
Por Redacción & Diego Torrado |
-
RADIO.- A playlist de... Fondo Norte: Listos para unha velada na que non lles faltará Tequila
Por Marisa Ciordia |
-
Pontevedra, preparada para tres meses de festa "intensiva"
Por Alejandro Espiño |
-
As 'Peregrinas' completan cartel con Ana Belén, Lola Índigo, Tequila ou Furious Monkey House
Por Alejandro Espiño |