María Carrera estrea en El Pequeño a súa obra de microteatro 'Valiente'
Por Redacción
As xestións da actriz pontevedresa María Carrera para ofrecer na súa cidade 'Valiente' deron o seu primeiro resultado. A estrea desta obra de microteatro ten día, lugar e hora. Será este venres 9 de agosto, ás 22.45 horas en El Pequeño da rúa Charino.
'Valiente' é o primeiro traballo que está escrito, dirixido e interpretado pola actriz. Relata durante vinte minutos e mesturando drama e comedia, unha recente experiencia persoal. Unha historia "sobre a loita por vencer, por seguir amando e por ser valente". Isto é, a súa relación cun mozo, que se converteu na súa parella e que falecía hai uns meses como consecuencia dun cancro.
Estivo a representar 'Valente' durante o mes de xullo na sala madrileña La Escalera de Jacob e como ben ten comentado a autora "non deixa indiferente a ninguén". Coa escritura desta obra e a súa posterior representación, María Carrera cumpre unha promesa que lle arrincou Santiago, o coprotagonista do texto. Un proceso que igualmente foi unha terapia para a artista pontevedresa.
Relacionadas:
-
RADIO.- A actriz María Carrera publica o seu primeiro conto infantil, que tamén levará aos escenarios
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Cara a cara: María Carrera, actriz 'Valiente' con e sen escenario
Por Marisa Ciordia |
-
A pontevedresa María Carrera representa en Madrid 'Valiente', que conta unha dura experiencia persoal
Por Redacción |