O pontevedrés Gabriel Peso coroa o Festival Internacional de Jazz e Blues 2019
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
O concerto de Gabriel Peso Trío concluía na noite deste domingo a XXVII edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. A praza da Ferrería volveu encherse de público, igual que sucedía durante as tres últimas noites cos concertos de DeFrancesco, Judith Hill e José James.
O pianista pontevedrés, acompañado polo batería Miguel Asensio e polo contrabaixista David Ruiz, presentaba o seu segundo traballo discográfico, que leva por título 'Travesía'.
O compositor, produtor e arreglista, que acompañou no escenario a artistas tan coñecidos como David Bisbal e traballado con estrelas do pop español como Malú, Abraham Mateo ou Melendi, ofreceu os temas que foi elaborando durante o últimos cinco anos expresando as sensacións que lle transmitiron as viaxes realizadas. E por suposto, con referencias sonoras sempre a Galicia.
Relacionadas:
-
RADIO.- Gabriel Peso co seu novo disco 'Ataraxia': "volvín a dalo todo e espero estar así toda a miña vida"
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- A playlist de... Gabriel Peso: Tocando e xogando a que a vida lle sorprenda
Por Marisa Ciordia |
-
Soul, funk e R&B, o cóctel perfecto de José James no penúltimo concerto do Festival Internacional de Jazz
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A Ferrería móvese ao ritmo de Judith Hill
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
O Festival de Jazz e Blues de Pontevedra dá o salto á Ferrería con Joey de Francesco
Por Redacción & Diego Torrado |
-
RADIO.- Escoita co Cara a cara aos artistas do Festival Internacional de Jazz e Blues
Por Marisa Ciordia |