Catro estudantes de Belas Arten triunfan no certame Novos Valores
Por Redacción
Os premios Novos Valores que entrega cada ano a Deputación de Pontevedra xa teñen gañadores. Entre os 110 proxectos presentados, o xurado decidiu conceder as catro bolsas do certame a catro membros da comunidade educativa da Facultade de Belas Artes, entre os que hai alumnos de grao, de máster e de doutoramento. Mohamed O Amine por Ordersound, Elena Matamoro pola peza A mirada que escoita, Rosa Pardal pola fotográfía Habitación nºA e Alba Castelo pola escultura Maleza son os catro triunfadores.
Os bolseiros recibirán unha contía de 7.500 euros cada un para realizar os seus estudos artísticos. Ademais, o xurado tamén seleccionou outras 31 pezas que se mostrarán na exposición Novos Valores 2019, que se abrirá no edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra a partir do 8 de agosto. A colección estará composta por sete obras de pintura, nove de fotografía, tres debuxos, cinco esculturas, un vídeo, sete gravados e tres pezas realizadas con outras técnicas. O director do museo, José Manuel Rey, quixo poñer en valor o elevado número de obras presentadas a esta edición.
Os traballos dos gañadores das bolsas consisten, no caso de Mohamed O Amine, nunha peza que trata de unir a música e os mosaicos xeométricos que, segundo o autor, pretenden ser unha linguaxe para traducir visualmente a música. A de Elena Matamoro está tamén relacionada coa música e forma parte dun proxecto que ten como obxectivo representar a aleatoriedad da natureza en sons. A fotografía de Rosa Pardas mostra unha visión persoal sobre a contorna rural no que se ve a unha muller saíndo do seu cadro e consiendo a súa propia roupa, o que reflexiona sobre contruirse a unha mesma. Finalmente, a de Alba Castelo é unha escultura que exhibe o paradoxo dun mundo real no que a natureza e o natural carece de sentido e no que cada vez todo é máis artificial.
O xurado que seleccionou aos gañadores estivo composto polo director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey, a artista e profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, Itziar Exquieta; a crítica e comisaria de arte, Mercedes Caeiro; a decada da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Silvia García, a crítica e profesora da Facultade de Belas Artes, Susana Cendán; o deputado da Deputación Provincial, Carlos López Font; o secretario da Deputación Provincial, Carlos Cadrado; e o director do Museo Marco, Miguel Fernandez-Cid.
Relacionadas:
-
Catro alumnas de Belas Artes, finalistas do Premio Talento Artístico entre estudantes de toda España
Por Redacción |
-
Os catro Novos Valores 2018 expoñen as súas creacións artísticas no Museo
Por Redacción |
-
"Éxito" de asistencia á exposición 'Novos Valores 2019'
Por Redacción |
-
As obras de 35 artistas poderanse ver no Museo de Pontevedra con motivo da exposición 'Novos Valores'
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Natalia Umpiérrez, Noela Covelo, Blanca Nieves Lourés e Lois Búa, premios Novos Valores 2018
Por Redacción |