Ponte Caldelas tomará conciencia contra a violencia machista co libro e a obra teatral 'Invisibles'
Por Redacción
Ponte Caldelas dedicará toda a presente semana a tomar conciencia contra a violencia machista coa presentación do libro Invisibles da escritora e xornalista Montse Fajardo e a representación da obra teatral baseada nesta obra.
As dúas actividades serán de balde. A presentación do libro está prevista para o xoves 27 de xuño ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Ponte Caldelas e a representación teatral será o sábado 29 ás 21.30 horas no salón de actos do colexio Cordo Boullosa.
Invisibles é o relato de sete historiais reais de vítimas de distintas manifestacións da violencia machista. Con este fío condutor, busca dar visibilidade á violencia sobre as mulleres a través da historia de Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e Begoña, mulleres que sufriron violencia física, verbal ou emocional por parte das súas parellas ou ex parellas.
A representación teatral, baseada no libro de Montse Fajardo, recibiu tres premios de teatro María Casares. Producida por Redrum Teatro e dirixida por Marian Bañobre, está financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Montse Fajardo asistirá á presentación e á representación teatral e participará nun debate ao remate da obra en compañía das tres actrices protagonistas, Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez.
Relacionadas:
-
Carmela Silva alenta ao alumnado de Caldas a ter "unha posición activa" na loita pola igualdade
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: 'Invisibles' vista por estudantes de ESO
Por Marisa Ciordia |
-
Teatro para poñer o foco na outra cara da moeda
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Cara a cara: O Teatro Principal pon luz sobre as mulleres 'Invisibles'
Por Marisa Ciordia |
-
Sete mulleres "invisibles" que rompen o silencio da violencia machista
Por Alejandro Espiño |