Ponte Caldelas acolleu o festival folk Follas de Olivar
Por Redacción
Centos de persoas achegáronse ata a Carreira Ancha, na parroquia da Insua, para gozar da quinta edición do Festival Folk Follas de Olivar.
O certame, organizado pola Asociación de Veciños da Insua e o grupo Nós tamén Imos, contou co patrocinio do Concello de Ponte Caldelas.
Durante todo o día houbo actuacións de grupos musicais de diferentes puntos de Galicia, comida popular nas dúas carpas habilitadas para a ocasión e, pola tarde, ademais de música, xogos populares.
O tempo axudou, a pesar das pesimistas previsións meteorolóxicas, o que incrementou a afluencia a un evento que é xa unha referencia da cultura, especialmente a música, galega.