Surfing the Lérez, música entre familia e amigos con toneladas de solidariedade
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
6.200 quilos de alimentos para que a RedeAxuda distribúa entre as persoas que máis o necesitan. Iso tamén é o Surfing the Lérez, a cara máis solidaria dun Festival pensado para gozar entre familia e amigos e que este ano bateu o seu récord de xenerosidade.
Polo seu posto, o gran protagonismo téñeno os catorce grupos que actuaron nos escenarios principales e tamén as 36 bandas promesa da Escola Bonobó.
A choiva non desluciu esta cita festiva que marca o incio das festas de verán como tempo atrás facía a festividade de San Benito. Tamén a beiras do Lérez a romaría da Illa das Esculturas é musical e multitudinaria.
As actuacións máis aplaudidas foron as de Tony Lomba e Elio dos Santos, Terbutalina, Sex Museum e Familia Caamagno.