NAO e Bastards on Parade, primeiras confirmacións para un novo festival Armadiña Rock
Por Alejandro Espiño
O Armadiña Rock 2019 comeza a tomar forma. Os organizadores do festival, que se celebrará en Combarro os días 23, 24 e 25 de agosto, desvelaron os nomes das dúas primeiras bandas que integrarán o seu cartel: son NAO e Bastards on Parade.
NAO, unha banda galega de rock que se caracterizou polo seu forte compromiso social, atópase en plena xira de despedida. En Combarro presentarán os temas do seu último disco, Ata que o lume se apague, e volverán mostrar o seu enérxico directo.
Pola súa banda, Bastards on Parade regresarán ao Armadiña Rock oito anos despois e farano con novo disco debaixo do brazo, Cara a liberdade.
Os coruñeses, que combinan o punk-rock coas súas raíces celtas, dará un novo concerto en Combarro tras unha década de xira continua polos principais circuítos de salas de toda Europa e os festivais máis punteiros a nivel nacional e internacional.
O festival irá anunciando novos nomes ao longo das próximas semanas.
Relacionadas:
-
Armadiña Rock, un festival artesán que tras once anos aínda trae novidades
Por Oskar Viéitez |
-
Heredeiros da Crus e outras dez bandas amplían o cartaz do Armadiña Rock
Por Redacción |
-
O Armadiña Rock suma a Triángulo de Amor Bizarro, High Paw & Elephants Yard e Balkan Bomba
Por Redacción |
-
A festa e a gastronomía tomarán Poio do 21 ao 25 de agosto e do 13 ao 15 de setembro
Por Redacción |