Música popular en Ponte Caldelas coa Xuntanza Folk Follas do Olivar
Por Redacción
Este domingo 23 celébrase a quinta edición da Xuntanza Folk Follas de Olivar, que se celebra na Carreira Ancha da parroquia da Insua.
O Programa comezará ás 12.00 horas e continuará ata a madrugada con actuacións dos grupos Nós tamén imos, Os Fervellos do Pío, paiaso Peter Punk, A.C. Veira do Río, Os Xeitosos da Insua, Tradison, Carapaus e Habelas hainas.
O alcalde de Ponte Caldelas Andrés Díaz recibía este xoves a dous directivos da asociación cultural Nós tamén imos, que impulsa este evento. O Concello colabora coa instalación de dúas carpas, necesarias ante as previsións de choiva durante a fin de semana. Tamén se instalará un xerador de electricidade e editáronse os carteis desta edición a través do Concello.
Nos postos gastronómicos haberá polbo, churrasco, empanada, xamón asada, empanada e tortilla, ademais de sobremesas como bica caseira e un posto de rosquillas. Tamén haberá un espazo para unha Feira de Artesanía.
Follas de Olivar converteuse, despois de catro edicións, nunha cita cultural aberta a todo tipo de público e a presenza de espectadores é moi numerosa.