Unha exhibición multicultural pecha o primeiro Festival Danzas do Mundo
Por Diego Torrado & Redacción
Habana 16, Jano & Marta, Luis & Tania, Estudio L.J., Escola baila conmigo Vigo, Grupo Swing Girls, Aurea Febraio, O Tomasón e Escola Debora Alfaya participaron este domingo na exhibición final do I Festival de Danzas do Mundo.
Este evento desenvolveuse durante tres días nas rúas de Pontevedra co obxectivo de amosar estilos de baile afrolatinos e danzas tamén máis clásicas e trasladar o ritmo aos espazos públicos.
Lugares de Pontevedra como Montero Ríos ou a praza da Peregrina foron escenarios de clases abertas aos asistentes. Centos de persoas puideron comprobar tamén as habilidades de menores que participan en escolas de formación de danza.