As danzas do mundo comezan a xirar en Montero Ríos
Por Mónica Patxot & Redacción
Este venres comezaba unha cita con bailes procedentes de distintos países no Primeiro Festival de Danzas do Mundo, que se celebra en Pontevedra. A avenida de Montero Ríos convertíase nunha aula de grandes dimensións desde a que se ofreceron clases de danzas urbanas, afrohouse e afrobrasileñas durante toda a tarde. Xa pola noite, diferentes artistas ofreceron unha exhibición no mesmo espazo.
Este sábado está previsto que as sesións comecen ás 11.00 horas con clases de danzas afrolatinas e latinas, que se desenvolverán en Montero Ríos e na praza da Ferrería.
Pola tarde, a actividade continuará en Montero Ríos e na Peregrina con clases de danzas africanas e afrolatinas nas que poden participar todos os asistentes. A partir das 20.00 horas, a Ferrería acollerá unha Roda de Casino, un estilo de bailar salsa entre varias parellas.
Ás 22.30 horas, Montero Ríos volverá acoller unha exhibición con artistas estatais e internacionais como Nuno Pesqueira & Inés Gameiro, José & Rosy, Kizomba Fusión L. J., Diogo & Ana, Joao & Paula, Ana & Esteve, Xurxo & Reyes, Nuno Moreira, O Tomasón, Luizinho & Ariadne. A xornada conclúe cunha festa afrolatina na contorna da Alameda con DJ Carballo, Jano e Christian Pérez.
As sesións terán continuidade o domingo, día en que está prevista a conclusión desta cita cultural.
Relacionadas:
-
Unha exhibición multicultural pecha o primeiro Festival Danzas do Mundo
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O Festival de Danzas do Mundo di adeus este domingo cunha exhibición en Montero Ríos
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Pontevedra acolle o I Festival de Danzas do mundo nesta fin de semana
Por Redacción |