Arantza Portabales presenta a novela "Beleza vermella" en Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot
Un crime en Santiago de Compostela. É o punto de partida da novela Beleza vermella, a nova obra da escritora Arantza Portabales.
A librería Cronopios acolleu a presentación en Pontevedra deste título coa que Portabales, tras o éxito de Deixe a súa mensaxe despois do sinal regresa á novela negra.
En Beleza vermella, seis persoas, todas próximas á vítima, son sospeitosas, porque todas poderían ter motivos para cometer o crime. Polo medio, aparece unha historia de paixón sen control e un manexo da intriga que fai desta autora unha das voces cruciais da novela negra galega contemporánea.