Acompáñasme de ruta polo casco histórico? Vouche contar unha historia
Por Redacción & Diego Torrado
A escritora e investigadora brasileira Tâmara Bezerra; a ecuatoriana Ángela Arboleda, especializada en contos e tradicións orais do seu país; a colombiana Carolina Rueda, unha das grandes voces da narración oral latinoamericana; e os narradores galegos Cándido Pazó e Xurxo Souto foron na noite deste sábado os protagonistas dunha as actividades principais de Sete Falares, a Ruta das Historias.
Os cinco, artistas convidados da sétima edición de Sete Falares desde o pasado xoves, percorreron a cidade visitando lugares emblemáticos e contando historias. Dividiron os participantes en catro quendas de 60 persoas e fixeron as delicias de todos coas súas habilidades narradoras.
Desde o xoves os pontevedreses están a gozar das historias de Tâmara Bezerra, Ángela Arboleda, Carolina Rueda, Xurxo Souto e Cándido Pazó e este domingo, última xornada da edición deste ano, poderán escoitalos a todos xuntos na sesión de clausura.
O colofón do Encontro Internacional de Contadores de Historias Sete Falares 2019 será este domingo no Teatro Principal a partir das 21.00 horas.
Este encontro internacional volve a Pontevedra cada primavera desde hai sete anos para encher de narración oral a cidade.
Relacionadas:
-
Conclúe "Sete Falares", catro días de intercambio de vivencias e historias
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Cándido Pazó abre os Sete Falares máis larapeteiros
Por Redacción |
-
Catro días, sete falares e unha cesta grande de historias
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Sete Falares 'irmandará' Galicia e Latinoamérica na súa oitava edición en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |