Pequeno formato para grandes obras no cartel do FICBUEU 2019
Por Redacción
O cartel da décimo segunda edición do Festival Internacional de Curtametraxes (FICBUEU) de Bueu ofrece unha nova imaxe para este evento que, segundo o seu director Manuel Pena, mostra un ollo inocente que, a través dunha lupa, observa a un grupo de miniaturas que filman unha película.
Trátase dunha metáfora que pretende demostrar como o FICBUEU se converteu nun referente á hora de amosar xoias cinematográficas que se atopan ocultas debido ao seu pequeno formato.
Segundo Manuel Pena trátase de combinar fondo e forma, imaxe e mensaxe coa intención de resultar atractivo para o público. Ao mesmo tempo mantense o amarelo, tinta característica utilizada como aceno de identidade durante a edición de 2018.
A celebración do FICBUEU será entre o 6 e o 14 de setembro co Centro Social do Mar como espazo de proxección.