Pontevedra desborda arte xitana na primeira edición da Tarara
Por Redacción & Diego Torrado
A primeira Festa Xitana de Galicia, bautizada como A Tarara, achegou durante a tarde-noite do sábado a cultura e a arte xitana ata o centro de Pontevedra.
Máis de 40 artistas subiron ao escenario instalado na Praza de España.
Os pontevedreses puideron gozar así do flamenco, a fusión, o canto e o baile da man de artistas representativos.
Na festa participaron artistas como "El Tobalo", percusionista de Rosalía; Antonio Sánchez, que acompañaba a Paco de Lucía; Juan José Suárez "El Paquete", guitarrista que toca con Estrella Morente; Rubio de Pruna, cantaor que traballa coa compañía de Sara Baras; Mari Ángeles Fernández, artista filla de Tomatito; e Noemí Ferrer, unha moza bailaora.
Ademais, o público asistente puido ver en acción a dúas formacións formadas expresamente para a ocasión: 'Novo Flamenco', formada por Tacón xitano e o grupo pontevedrés Los Potros, e tamén 'A banda da Tarara', completando o cartel Petitet & La Súa Orquestra Sinfónica.
A Festa Xitana de Galicia deu comezo ás 19:30 da tarde e prolongouse durante varias horas.