A 'Malaherba' de Manuel Jabois debuta con éxito en Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot
"La primera vez que papá murió todos pensamos que estaba fingiendo". Así empeza Malaherba, a nova novela de Manuel Jabois que este xoves presentou ante o público pontevedrés na Librería Cronopios.
O establecemento quedou pequeno para acoller a todo o público que non quixo perderse a presentación desta novela, editada por Alfaguara, que toma o relevo do seu anterior libro: un longo traballo sobre o 11-M titulado Nos vemos en esta vida o en la otra.
Malaherba narra a historia de dous nenos que viven unha estraña e solitaria historia de amor e xira ao redor dos descubrimentos que calquera de nós pode experimentar durante a infancia.