Manuel Jabois regresa a Pontevedra para presentar "Malaherba", a súa nova novela
Por Alejandro Espiño
Unha historia de dous nenos que viven unha estraña e solitaria historia de amor. Así é Malaherba, a nova novela do xornalista e escritor pontevedrés Manuel Jabois. E, como non podía ser doutra maneira, presentaraa na súa cidade.
Será na librería Cronopios o vindeiro xoves 30 de maio, ás 19.30 horas.
Malaherba, segundo o editorial Alfaguara, é un libro sobre as cousas terribles que se fan con agarimo, escrito con humor e unha prosa rápida que avanza levando a Tambu e a súa irmá Rebe, a Claudia e o seu irmán Elvis, á fronteira dun mundo novo.
Actualmente, Manuel Jabois escribe reportaxes, crónicas e columnas no diario El País e tamén ten un espazo diario no programa Hoy por hoy da Cadena SER.
Con este libro, regresa á novela despois de A estación violenta (2008) e publicar a recompilación de artigos Irse a Madrid (2011), as breves memorias Grupo Salvaje (2012) e Manu (2013) e un longo traballo sobre o 11- M titulado Nos vemos en esta vida o en la otra (2016).
Relacionadas:
-
A 'Malaherba' de Manuel Jabois debuta con éxito en Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Manuel Jabois: "No meu libro non falo do 11-M, pero a historia non ten sentido sen as 192 vítimas"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O novo himno do Real Madrid, escrito polo pontevedrés Manuel Jabois
Por Alejandro Espiño |