A piratería máis limpa vai á procura do tesouro no Recinto Feiral
Por Redacción
Ao longo de 22 sesións, escolares con idades comprendidas entre os 4 e os 17 anos participaron nos talleres de expresión dramática, plástica e musical que se desenvolven na programación de '*Á procura do tesouro', unha actividade que promove a concellería de Cultura a través da compañía Migallas Teatro.
Esta iniciativa suma xa 20 anos de funcionamento con sede no Pazo da Cultura e nesta ocasión, os participantes conclúen o curso cunha actividade na que exercerán de piratas para superar diversas probas. O pirata Escarapote proponlles atopar o tesouro ao longo da tarde deste mércores no Recinto Feiral. Entre cada proba, a piratería máis limpa terá que participar en xogos populares e tradicionais.
Estes escolares coñeceron ao longo do curso a obra de artistas galegos como Laxeiro e renacentistas italianos como Botticelli, Leonardo da Vinci, Miguel Anxo Buonarroti ou Rafael Sanzio.