A feira do libro antigo e de ocasión mantén as vendas pero os libreiros piden máis difusión
Por Redacción
Numerosas persoas achéganse no último día da Feira de libro antigo e de ocasión polos postos situados no Paseo de Antonio Odriozola. A maioría pescuda pero algúns deses visitantes realizan compras, sobre todo, de exemplares que se encontran a un prezo económico. A crise afecta pero, segundo comenta Laura Carrasco de la Librería Cao de Pontevedra, non logrou impedir un bo número de vendas: "se han cumplido las expectativas que teníamos. Se han mantenido las ventas del año pasado, más o menos".
O que reclaman os libreiros é algo máis de difusión deste evento e a organización de actividades paralelas como sucede coa Feira do Libro Novo no que se promoven aos autores, mantense á prensa pendente do que se fai e desenvólvense actos lúdicos todos os días para atraer os lectores. "Tendría que ser un poco más dinámica en cuanto a la organización", indica a responsable do stand da Librería Cao.
DISTRIBUCIÿN DOS POSTOS DE VENDA
Laura Carrasco recoñece que algúns dos compañeiros libreiros se queixaron pola distribución dos postos: "reclaman que se sitúen más abiertos hacia la Plaza de A Ferrería en lugar de estar de espaldas al centro de la plaza". Nesta edición, os postos de venda situáronse formando un corredor ao longo do paseo de Antonio Odriozola.
En canto ás preferencias do público, Laura indica que a maioría busca exemplares de ocasión pero tamén libros raros: "obras descatalogadas que en su tiempo costaban 25 euros y ahora los encuentran por 4 y, sobre todo, mucha literatura clásica".